Xavier Blanco – Lei Natural

6,609,92 IVA incluído

“A terra, a paz, o ar, a espiritualidade, o auga, a liberdade, o home… a harmonía entre todos estes elementos é o que eu chamo a Lei Natural”. Xavier Blanco.

SKU: PAIF13089 Categoría:

Descripción

“A terra, a paz, o ar, a espiritualidade, o auga, a liberdade, o home… a harmonía entre todos estes elementos é o que eu chamo a Lei Natural”. Xavier Blanco.
O músico Xavier Blanco chega ás Illas Cíes a principios dos 70, cando tiña 8 anos e o seu pai traballaba no mítico barco “O Sicas”.
Xavier percorre as Illas Cíes para mostrar cada un dos instrumentos musicais que él mesmo facía e utilizaba dende neno. Cada peza musical que canta ou toca e interpretada con instrumentos feitos por él mesmo con materiais naturais.  A súa vida cotiá estaba en harmonía co medio natural.
Natural de Moaña, terra do Morrazo, Mestre Gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do Concello de Moaña, Xavier Blanco desenvolve e xera a través da Escola Taller de instrumentos musicais galegos un valor social que garante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galicia. Aprendeu a facer música con elementos naturais nas Illas Cíes e entendeu que a vida da illa era diferente á vida da península xa que había unha especial fusión natureza-música, afastada da superficialidade e do materialismo. Para él a música é un elemento integrador co medio, polo que algúns consideran que é nas Cíes onde comeza o traballo de recuperación da nosa música de raíz.

Información adicional

Peso 0,2 kg
Dimensiones N/D
Formato

,

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.