O año pitaño

6,6015,38 IVA incluído

“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado por músicos de recoñecido prestixio e gravado nos estudios de Casa de Tolos, sito en Gondomar. “A idea é dedicarlle aos máis cativos un traballo no que estiveran presentes os nosos poetas, para achegar aos pequenos a nosa literatura, a nosa lingua e, ao mesmo tempo, a miña música”, comenta o propio Anxo Rei.

Limpiar
SKU: PAIV11075 Categoría:

Descripción

As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos pícaros. Probablemente hoxe non sexa tan coñecido, no medio de tantas alegorías importadas, pero non está mal lembrarmos eses seres imaxinarios que poboaban as nosas infancias e legarllos, entre outras formas de cultura que transmitimos, aos meniños que serán os galegos e galegas do futuro.

As ilustracións deste traballo foron elaboradas por alumnos de primaria, de Centros educativos galegos, que participaron no Certame de Ilustracións Año Pitaño, convocado por PAI Edicións. Foron centos os debuxos que se recibiron.  Cada un dos debuxos gañadores ilustra un dos poemas que recolle este traballo. Un total de doce cancións, de seis poetas:Darío Xohán Cabana, Ana María Fernández, Yolanda Castaño, Marica Campo, Xosé M. Álvarez Blazquez e  Xosé Rodríguez Ferrer.

Información adicional

Peso 0.2 kg
Formato

,

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.