Piquín – Niebla al amanecer

6,609,92 IVA incluído

Niebla al amanecer é o primeiro disco de Piquín (Jesús Pintos Capeáns), compositor, cantante e guitarrista, non se dedica profesionalmente á música, aínda que é e sente músico. Vinte anos escribindo cancións deron lugar a este disco no que se inclúen temas de diferentes etapas dunha vida.“Solos en el camino”, “En el laberinto”, “Perla Negra” ou “Nos vamos a la mar” son algúns dos temas que atopamos neste álbum.

Limpiar
SKU: PAIS12080 Categoría:

Descripción

Niebla al amanecer é o primeiro disco de Piquín (Jesús Pintos Capeáns), compositor, cantante e guitarrista, non se dedica profesionalmente á música, aínda que é e sente músico. Vinte anos escribindo cancións deron lugar a este disco no que se inclúen temas de diferentes etapas dunha vida.“Solos en el camino”, “En el laberinto”, “Perla Negra” ou “Nos vamos a la mar” son algúns dos temas que atopamos neste álbum.

As súas letras falan de amor, de desamor, de soidade, da existencia, da dúbida, do kafkiano, dos cambios e voltas que dá a vida. Un disco que fala da vida mesma, cancións que reflicten como ven as cousas ao longo dos anos, ás veces, con algunha chiscadela filosófica e habendo lugar para a ironía. En definitiva, unhas letras con personalidade e vida na voz desgarrada de Piquí, que se acompañan de grandes músicos, con Álvaro Lamas no pedal steel, Leandro Deltell na batería e o propio Piquín coa guitarra eléctrica. Todo iso baixo a dirección musical de Segundo Grandío, quen tamén se apunta a acompañar cos baixos e teclados adicionais. Un conxunto que dá como resultado un disco que ten un compoñente ecléctico tamén en estilos, tempos, harmonías, líricas, dentro dun fío de produción británica que o une todo.

Información adicional

Peso 0.2 kg
Dimensións N/D
Formato

,

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.