Descripción
Como así apunta no prólogo do disco o músico e amigo Xose Bieito Ávarez “aquí están de novo os Carunchos dispostos a entrar polo torreiro adiante a armala, a poñelo de patas-pa-riba.”
E aquí está o novo e fresco traballo destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres dos que non só tocan e cantan “que nin dios”, senón que ademáis disfrútana e vívena para que todos aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos.
“En Galego” súmase así como o cuarto traballo deste grupo de música tradicional galego.
1- O GAITEIRO NO QUIOSCO
2- FOLIADA DE MEIRA
3- MUIÑEIRA DE BRINCADEIRA
4- ESTA NOITE
5- GALICIA
6- PASODOBLE DE VINCIOS
7- Ó, MORENO
8- MAZURCA DA LAMBRETTA
9- FOLIADA DE AMOEIRO
10- MACELADA
11- FOLIADA DE MONTEMAIOR DE CERCEDA
12- PASODOBLE DOS TRES GOLPES
13- PODES FALAR EN GALEGO
14- O CHOURIZO DE PARAÑOS
Reseñas
Aínda non hai valoracións.