Descripción
Os Terribles de Donas presentan o seu segundo disco “Pedramoura”
tradición e xuventude, modernidade e legado histórico
Os Terribles de Donas regresan a actualidade musical co seu segundo álbum “Pedramoura” un traballo que recolle o seu legado musical e presenta novas composicións. Un álbum tradicional que Os Terribles presentarán a partir do 3 de decembro en Furanchos e espacios tradicionais galegos
O escoitar o nome de Os Terribles de Donas na memoria de moitos resoan as melodías daquela charanga que amenizaba, alá polos anos 50, toda festa popular que se preciara na comarca do Val Miñor e arredores, chegando a actuar tamén no norte de Portugal. Esta formación mantivo a súa intensa actividade, incluso houbo uns “Terribles”, fruto da emigración, alén da Atlántico, ata mediados dos 60, cando deciden cesar na súa actividade musical.
Agora, gracias a memoria e tesón dos descendentes daqueles primeiros Terribles podemos voltar a gozar da música desta formación que tanto bailaron os nosos país e avós. Dende o 2004 Manuel Antunez, Manolo Sousa, Suso Sousa, Xurxo Antúnez, Veronica Sousa e Xaime Estévez están a traballar na recuperación do repertorio dos primeiros Terribles. No 2009 sacaron o seu primeiro traballo discográfico, editado por PAI Música, “Abrollido”, unha magnifica recolección sonora de 12 temas, acompañadas por un libro que nos axuda a coñecer a historia dos Terribles.
PEDRAMOURA
“Pedramoura”, gravado nos estudios de Casa de Tolos (Gondomar) e editado por Pai Música, é o segundo disco desta formación que cada día se esforza por recuperar o seu pasado, gozar do presente e labrar un novo futuro. Unha formación na que as diferentes xeracións danse a man para gozar da música tradicional.
“Pedramoura” é un paso máis na recuperación do legado do patrimonio sonoro e representa a consolidación de Os Terribles do século XXI. Un grupo, e non só musical, que segue a recuperar o seu repertorio para unilo as novas melodías compostas por eles mesmos. Neste traballo atopamos 19 temas que fan un completo percorrido pola música galega. Dende a máis coñecida muiñeira, acompañada de foliadas, pasodobles, rumbas e ata algunha polca.
O nome deste álbum buscaronno Os Terribles no lugar de Pedra Moura, e o seu castro no Monte da Pinceiras. “Facendo unha homenaxe a un dos lugares máis espectaculares e emblemáticos do Val Miñor” segundo aseguran eles mesmos. Pedramoura viviu a historia de Os Terribles moi de preto, e se alí foi onde os primeiros Terribles fixeron o seu debut musical, alí é onde Os Terribles do século XXI buscaron a inspiración para este segundo traballo. E non só a inspiración, pois todos os que merquen o disco atoparán algo máis dese máxico lugar chamado Pedra Moura…
Reseñas
Aínda non hai valoracións.