Descripción
Tanxedoras non son un grupo de música tradicional sen máis. O reto que se poñen é de asumir a responsabilidade de cantar tradicional e de facer música tradicional. De cantar o de sempre pero desde unha marca propia. Quen as teña visto sobre un escenario, voando polos ritmos, saberá que nestas cinco mulleres hai unha forza capaz de conmover os corazóns máis duros e de facer bailar aos piés menos propicios. E non é para menos. Porque non son cinco mulleres e cinco pandeiros e cinco voces. Son unha polifonía de pandeireta, pandeiros, aixadas, tixolas, morteiros, ferros, bombos, tambores, gaitas, acordeóns, cunchas, culleres…
Este primeiro disco é só unha mostra afortunada de todo o que pasa sobre o escenario. Cando menos, iso é o que cumpre dicir hasta que o público as ve actuar. Entón, entende que tanta forza si cabe nun disco, pero que hai enerxía suficiente como para botar por fóra.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.