Descripción
“Cinsa namorada” é o primeiro disco en solitario de Tino Baz que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra como autor, músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega e como músico que percorreu e difundir o seu traballo tanto en España como no resto do mundo.
As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora lucense Marica Campos, que vén ser quen avala literariamente este traballo. Musicalmente, é o veterano músico Moisés Quintas quen asume a dirección artística e quen coordina a participación dos diferentes instrumentistas que interveñen no traballo. Con “Cinsa namorada”, Tino Baz cumpre o seu desexo de facer unha achega fresco ao panorama da música galega actual, na parcela da canción de autor.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.