meninos-cantores

Meniños Cantores

6,6016,07 IVA incluído

“Meniños cantores” é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do norte de Portugal. A iniciativa xurdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte… nas ondas e os estudos Casa de Tolos.

Limpiar
SKU: VG10362005 Categoría:

Descripción del producto

“Meniños cantores” é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do norte de Portugal. A iniciativa xurdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte… nas ondas e os estudos Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte… nas ondas da candidatura ao Patrimonio Oral e Inmaterial Galego-Portugués ante a Unesco foi a faísca que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena mirada a un futuro posible. “Meniños cantores” consta dun CD de audio con 28 cancións, no que vai incluída unha pista interactiva con letras e partituras e un DVD cun documental sobre o proceso de realización do proxecto e outro documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos os dous lados da fronteira, xunto cun videoclip de cada colexio participante.

 

Información adicional

Peso 0.2 kg
Formato

Libro CD-DVD+MP3, MP3