A Roda – Outra volta de Roda

6,60 IVA incluído

Outra volta de Roda é un Libro-disco homenaxe a toda unha carreira, a un tempo pasado onde o falecido Fito, fundador e a voz inconfundible da Roda, está moi presente sen estar.

Limpar
SKU: PAI-F-14/091 Categoría:

Descrición

A Roda naceu dun grupo de amigos que se reunían ao redor dunha mesa redonda na taberna para cantar, de aí o seu nome. Así, as súas cancións tiñan un carácter estritamente popular galego e conseguiron atraer a atención dunha multinacional discográfica, para gravar un primeiro álbum do grupo. Foi un éxito de vendas e o grupo logrou recoñecemento en todo o territorio galego e fóra de Galicia, chegando a viaxar aos Centros Galegos na Emigración (Venezuela, México, Panamá, Arxentina, Gran Bretaña, Bélxica e outros), onde sempre gozaron dunha boa acollida e recoñecemento.

E o grupo rodou e rodou, conservando a súa esencia, ata converterse nun dos grupos máis emblemáticos de música tradicional galega. Sen poñer límites á súa creatividade e inspiración, A Roda sente a necesidade de chegar onde nunca antes chegou co seu novo disco número 17, e co que teñen a intención de facer unha Roda igual de redonda pero máis grande e poderosa, se isto é posible.

Outra volta de Roda é un Libro-disco homenaxe a toda unha carreira, a un tempo pasado onde o falecido Fito, fundador e a voz inconfundible da Roda, está moi presente sen estar.

Additional information

Peso 0.2 kg
Dimensiones N/A
Formato

,

Valoracións

Non hai valoracións todavía.

Só usuarios rexistrados que comprasen este produto poden facer unha valoración.