¡Oferta!

Na ponte

6,6019,23 IVA incluído

NA PONTE é un traballo colectivo que Ponte…nas ondas! edita camiño dos 20 anos da súa existencia. Unha experiencia inédita que ten acadado  importantes avances nos diferentes ámbitos da súa actuación.

NA PONTE é unha obra que suma moitas vontades: do alumnado, do profesorado, dos profesionais dos medios de comunicación, das emisoras de radio, de investigadores, antropólogos, educadores, “portadores/as do patrimonio”…

Limpiar
SKU: PAIV12086 Categoría:

Descripción

NA PONTE é un traballo colectivo que Ponte…nas ondas! edita camiño dos 20 anos da súa existencia. Unha experiencia inédita que ten acadado  importantes avances nos diferentes ámbitos da súa actuación.

NA PONTE é unha obra que suma moitas vontades: do alumnado, do profesorado, dos profesionais dos medios de comunicación, das emisoras de radio, de investigadores, antropólogos, educadores, “portadores/as do patrimonio”…

Ao longo destes anos, Ponte…nas ondas! foi producindo e creando materiais en diversos formatos. Forman parte deste traballo, Gravacións, textos, debuxos, fotografías, cancións, expresións do patrimonio común galego-portugués…un universo patrimonial que se foi realizando en diferentes momentos e contextos: aulas de escolas e institutos, teatros e salas de concertos, estudos de radio, museos, prazas e espazos públicos. Estes materiais teñen tamén teñen procedencias diversas: Galicia, Brasil, Angola, Mozambique ou Portugal.

Un auténtico traballo coral que xunta as voces da amizade, as voces do patrimonio común, da nosa identidade. Un diálogo interxeneracional que que agora se mostra nas voces dos seus protagonistas.

O CD

Un percorrido pola paisaxe sonora de Ponte…nas ondas! cun formato radiofónico conducido polas voces do alumnado. 23 colaboracións de artistas de tres continentes realizadas para a xornada de comunicación. Chico César, Lenine, Margareth Menezes, Socorro Lira, Daniela Mercury, João Afonso, Treixadura, Gaiteiros de Lisboa, Amélia Muge, Vozes da Rádio, Sérgio Godinho, Couple Coffee, Filipa Pais, Da outra margem, Luis Pastor, Uxía, X.M.Budiño, Treixadura, Pancho Álvarez, Narf, Guadi Galego, A banda de Poi, 2us, Xoán Curiel, Xiana Lado, Timbila Muzimba, Aline Frazão.

O DVD

Contén:

  • O documental “Pontes nas ondas” realizado por Gus Abreu. Un percurso audiovisual que achega a faciana poliédrica de Ponte…nas ondas! con múltiples testemuñas de varios países.
  • 6 videoclips de temas musicais realizados para a xornada de comunicación.
  • Extras de vídeos con actividades de Ponte…nas ondas!

Información adicional

Peso 0.2 kg
Formato

,

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.