Descripción
Un proxecto de Ponte…nas ondas! con 17 centros educativos de Galiza e Portugal, coa colaboración de artistas e músicos que interpretan conxuntamente en cada concello unha canción tradicional. Testemuñas de persoas e comunidades portadores do patrimonio inmaterial galego-portugués de cada concello.
Un exemplo das boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial galego-portugués que a UNESCO pode inscribir en 2022 unha vez que a candidatura de Ponte…nas ondas foi presentada por Portugal e España.
Unha idea de Ponte…nas Ondas! coeditada co Consello da Cultura Galega, realizada pola productora Casa de Tolos e publicada por PAI Edicións.
O Resultado:
- Unha serie documental de CATRO CAPÍTULOS de 50 minutos
- Un libro con máis de 90 páxinas (formato 20 x 20 cm. en tapa dura), con colaboracións de escritores e artistas.
- Unha tarxeta-USB con cancións, videoclips e karaokes. Acceso á serie documental.
Artistas Colaboradores:
- Pancho Álvarez – Tui
- A Roda – As Neves
- Lucía Pérez – O Rosal
- Zaraida de Maskarpone – Verín
- António Zambujo – Montalegre
- Augusto Canário – Valença e Viana do Castelo
- Sons do Minho – Monção
- Daniel Pereira – Melgaço
- Vozes da Radio – Chaves
- Cuarteto Caramuxo – Salvaterra
- Andrea Pousa – Tomiño
- Jaime Álvarez – Caminha
- Luis Caruncho – A Guarda
- Castriño de Rebordechán – Crecente
- Uxía – Salceda de Caselas
- Cándido Miranda – Vilanova da Cerveira
Reseñas
Aínda non hai valoracións.